Uso Comercial
Hai que ter en conta que estes drons non están ao alcance de calquera peto, xa que necesitan dunhas características que permitan dar un servizo profesional a empresas e autónomos. Actualmente son xa varios os usos dos UAVs usados para fins comerciais, como a realización de vídeos, fotografías e cartografía aérea profesional. Tamén hai países que os utilizan na agricultura para realizar unha sementa moito máis efectiva.
É evidente que nos próximos anos este sector será un dos que máis aumente, sobre todo se saen adiante os proxectos de Amazon e Google con drons de repartición. Aínda así as leis son as que terán a última palabra, sobre todo coas actuais limitacións respecto do seu uso en zona urbana que probablemente impliquen conseguir custosos permisos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario