sábado, 11 de febrero de 2017

Zonas

Zonas de uso
Aínda que nun primeiro momento, e ata que non estea aprobada a regulamentación definitiva, as operacións que se poden realizar limítanse a zonas non poboadas e ao espazo aéreo non controlado
As aeronaves que teñen un fin exclusivamente deportivo ou de recreo, considéranse aeromodelos e réxense pola normativa destes.
O uso de drons/Aeromodelos para fins deportivos e de recreo regúlao a Real Federación Aeronaútica de España, adeemás de cada comunidade ou municipio. En resumo esta normativa vén dicir que os aeromodelos deben voar por baixo dos 100 metros de altitude e non poden sobrevoar núcleos urbanos ou de poboación. Podes atopar máis información aquí.
Marco regulador temporal
Recentemente aprobouse un novo marco regulador temporal para as operacións con aeronaves pilotadas por control remoto, no que se establecen as condicións para a realización dalgúns traballos. Establécese unha distinción entre os drons de máis de 25 kg e os de menos de 25 kg e as condicións para ser operador profesional deste tipo de aparellos. Podes consutarlo aquí.
Resumindo
Como ves, os gobernos están a ter que darse présa para adaptar a lexislación.
Debido á normativa existen un gran número de emofrecer presas que non poden os seus servizos e por tanto ven obrigadas a esperar a que se termine de desenvolver un marco legal que lles permita funcionar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario